Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local mete presión ás compañías de telefonía para que arranxen os problemas de cobert

Oleiros, 29 de xaneiro de 2016-. O alcalde de Oleiros, xunto con outros membros do Goberno local, mantivo unha xuntanza cos máximos responsables da compañía Movistar na provincia da Coruña para trasladarlles as queixas dos numerosos veciños e veciñas de Oleiros que se queixan da falta de cobertura para os seus teléfonos móbiles. A empresa comprometeuse a rematar con esta situación que afecta principalmente a Santa Cruz, Bastigueiro, Iñás e Nós.

Os veciños e veciñas de Oleiros están a pagar por un servizo que as empresas de telefonía ofrecen de xeito deficiente. “O Concello non ten ningunha empresa de telefonía. Xa quedou claro que non é unha responsabilidade nosa. Hai un plan do 2009 que non se levou adiante e que as compañías están obrigadas a poñer en marcha para rematar cos problemas de cobertura”, explicou o alcalde.

Tal e como acordaron na reunión, nos vindeiros días Movistar presentará unha proposta para cubrir todas esas zonas nas que non existe a cobertura suficiente. Segundo os responsables da multinacional, coa aplicación desa proposta quedarán arranxados os problemas existentes en Oleiros.
 


 

back link