Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local logra que Costas cumpra coas súas obrigas nas praias de Oleiros

Oleiros, 26 de maio de 2016-. A Dirección Xeral de Costas acometerá nos próximos días as tarefas de adecuación da praia de Santa Cristina que levaban meses pendentes. Ademais, tamén se tratará a reparación da escaleira de acceso á cala de Portelo que na actualidade se atopa intransitable.

Malia os continuos requirimentos realizados desde o Concello de Oleiros, a administración central non se comprometeu a acometer as tarefas solicitadas ata a reunión celebrada o pasado martes co alcalde de Oleiros. No caso da cala de Portelo tratábase de reparar a única vía de acceso á praia. As palas tamén estarán antes do 15 de xuño na praia de Santa Cristina para redistribuír a area para que, entre outras cousas, a rampla que conecta co areal non quede no aire.
 

back link