Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local logra que a Xunta atenda a petición das entidades de Mera sobre a Casa do Mar

Oleiros, 08 de xullo de 2016-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo un encontro na Consellería de Política Social para desbloquear a situación existente coa Casa do Mar de Mera. A xuntanza saldouse co compromiso por parte da Xunta de que antes do 20 de setembro contactarán coas entidades de Mera para entregarlles o uso dunha parte da planta superior do recinto.

Para que as diferentes entidades merachas, carentes de locais na actualidade, poidan empregar o primeiro andar deste edificio a Xunta de Galicia deberá agora decidir a súa postura. A entrega desta planta ás entidades merachas suporía un importante aforro para as arcas autonómicas xa que na actualidade hai dúas persoas a soldo para xestionar este centro sociocomunitario.

A planta alta da Casa do Mar de Mera funcionou históricamente como centro social ata que en xuño de 2011 o Goberno autonómico decidiu pechar estas instalacións para levar a cabo unha reforma e converter o local nun centro de día que nunca existiu cun investimento superior aos 210.000 euros.
 

back link