Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local levará ao próximo pleno investimentos por valor de 2.371.530 euros

 Oleiros, 18 de setembro de 2014-. O Concello de Oleiros levará ao próximo pleno que se celebrará o xoves día 25 deste mes unha modificación de crédito para financiar diversas obras e servizos así como a amortización dun préstamo. Os recursos proveñen do superávit das contas de 2013 e repartirase do seguinte modo:

 
Un total de 873.489 euros serán destinados á amortización do crédito a longo prazo mencionado e cuxa amortización suporá un importante aforro para as arcas municipais debido ao interese contratado no seu día. Á mellora de parques infantís destinarase 276.719 euros. Pola súa parte, a renovación da rede de abastecemento de auga en Santa Cruz, Montorove e Nós contará cun investimento de 460.247 euros e a pavimentación de camiños con 798.374 euros.
 
Por último, as outras obras de grande importancia, como a construción dun muro de contención no futuro campo de fútbol de Mera, a renovación da cuberta da escola infantil A Pardela ou a obra de prevención de incendios no viveiro municipal de Iñás, destinaranse 150.000 euros. En total estes  investimentos alcanzan os 2.371.530 euros.
 
back link