Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local inaugura o próximo venres o parque en honor a José Luis Sampedro

Oleiros, 18 de xuño de 2013-. O Goberno local de Oleiros inaugurará o próximo venres día 21 o parque que levará o nome do escritor, economista e humanista José Luis Sampedro. A zona verde está situada en Santa María de Oleiros, nas inmediacións da Casa do Concello, na urbanización Obelisco. O acto terá lugar ás 20.30 horas.

José Luis Sampedro Sáez avogou ao longo da súa dilatada carreira como docente, economista e escritor por unha economía «máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos». En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orde das Artes e das Letras de España «pola súa sobresaliente traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo». En 2011 concedéuselle o Premio Nacional das Letras Españolas.
 

back link