Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local expresa as súas condolencias polo tráxico accidente de Angrois

Oleiros, 25 de xullo de 2013-. O Goberno local de Oleiros quere expresar o seu máis sentido pésame polo fatal sinistro ferroviario de Angrois. O accidente ocorrido en Santiago o pasado mércores é unha ferida imborrable no corazón de todos os oleirenses e de todos os galegos. Así mesmo, desexa transmitir ás familias afectadas, en nome dos responsables políticos, de todo o persoal municipal e do pobo oleirense, as súas máis sinceras condolencias pola perda da vida dos seus seres queridos.

O impacto desta catástrofe en Oleiros fai que a dor sexa especialmente próxima e afecte de forma directa a moitos dos nosos veciños e veciñas. O Goberno local desexa unha pronta recuperación para as persoas afectadas por esta traxedia e expresa a súa solidariedade con todos os familiares e vítimas.
 

back link