Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local demandará que Costas poña coto aos desprendementos na cala do Xunqueiro e arran

Oleiros, 25 de agosto de 2016-. O Concello de Oleiros demandará a actuación inmediata de Costas na cala do Xunqueiro, en Mera, para arranxar os deterioros provocados polos importantes desprendementos dos últimos meses. As perdas de terra non só afectan ao areal e ao seu acceso, senón que tamén están a poñer en perigo a estrada que transcorre por esta zona.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou que xa se levaban moitos anos “reclamando que se faga un acceso digno á cala do Xunqueiro. Ademais dos bañistas, hai moita xente que aproveita o abrigo natural desta zona para saír pescar ou facer outras actividades náuticas”, explicou.
 

back link