Oleiros, 26 de xaneiro de 2011-. Este domingo día 30, ás 12.30 horas, o Concello de Oleiros inaugura o parque Marcelino Camacho, na urbanización Rialta de Dorneda. Ao acto acudirá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, quen estará acompañado doutros membros do Goberno local. Ademais, nesta homenaxe que o Goberno local fai ao histórico sindicalista participarán a súa viúva, Josefina Samper, e a súa filla, Yenia Camacho. Así mesmo, estará presente o secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión.
A zona verde que levará o nome do histórico sindicalista está situado ao lado doutro parque en honor a un defensor dos traballadores, o parque Nicolás Redondo. Marcelino Camacho dedicou a súa vida á defensa dos traballadores en España foi militante do PCE un dos fundadores de Comisións Obreiras en 1976.
Camacho dirixiu C.C.O.O. como secretario xeral desde a súa creación ata 1987, cando foi nomeado presidente honorífico. Ao longo da súa traxectoria profesional recibiu distintivos como a Medalla ao Mérito Constitucional de mans do Rei Juan Carlos I, distintivo creado para honrar «aquelas persoas que realicen actividades relevantes ao servizo da Constitución e dos valores e principios nela establecidos». O Concello de Oleiros estimou que este tipo de persoas merece un lugar na historia para que o seu labor poida ser recordado.