Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local de Oleiros participará mañá na manifestación en defensa dos dereitos sociais

Oleiros, 22 de febreiro de 2013-. O Goberno local de Oleiros participará na manifestación que terá lugar mañá sábado na cidade da Coruña en defensa dos dereitos sociais e ambientais organizada polo colectivo Marea Ciudadana. A marcha, que comezará ás 12.30 horas no Obelisco, percorrerá a rúa Juana de Vega, a praza de Pontevedra, visitará o pazo de Xustiza, a Delegación do Goberno, para rematar fronte á sede do Partido Popular.
 
O Goberno local de Oleiros apoia o Manifesto desta convocatoria cidadá a favor da liberdade, a democracia e en prol dos dereitos sociais e ambientais. O texto critica o actual sistema financeiro especulativo e as brutais políticas de axuste dirixidas contra a maioría da sociedade, xunto coa corrupción e a perda de lexitimidade das institucións. Ademais censura o alto desemprego e os recortes en sanidade e educación públicas.

Así mesmo, o manifesto considera que unha sociedade xusta e viable só será posible se a cidadanía se une para defender os dereitos sociais por riba dos mercados e a política honesta e a xustiza social por riba dos intereses das elites financeiras.
 

back link