Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local de Oleiros lamenta a perda de García Márquez

Oleiros, 21 de abril de 2014-. O Goberno local de Oleiros lamenta profundamente a perda de Gabriel García Márquez. A morte do escritor e periodista crea un oco insubstituíble na literatura hispano-americana e por extensión na comunidade internacional. A capacidade de García Márquez para transmitir valores humanos e sensibilizar ao lector das inxustizas e desigualdades sociais a través da súa pluma será posiblemente un patrimonio irrepetible que estamos obrigados a conservar, tanto nos nosos corazóns como nas nosas bibliotecas.

A figura de García Márquez transcende moito máis alá da súa narrativa posto que mostrou un activismo que contribuíu ao avance da sociedade do seu país natal e de toda Latinoamérica. De feito, o Concello de Oleiros conta desde hai anos cun auditorio na localidade de Mera en honor á figura de Gabriel García Márquez. A súa memoria e a memoria social que se creou sobre Macondo e a súa historia axúdanos a traballar para intentar cambiar e mellorar a nosa.
 

back link