Oleiros, 21 de decembro de 2011-. Ante a información aparecida estes días nos medios de comunicación locais e facilitada pola Deputación provincial respecto ao reparto de subvencións e aboamento dos plans provinciais desta administración, na que se sinala que non se aboarán os importes derivados destes conceptos a aqueles concellos que non entregaran as súas contas ao Tribunal de Contas da comunidade autónoma de Galicia e entre os que se inclúe ao Concello de Oleiros como incumpridor deste requisito, o Goberno local de Oleiros informa de que a dita información é totalmente falsa e que este tribunal conta coa documentación municipal desde o pasado mes de outubro.
Deste modo, o Goberno local de Oleiros insta á Deputación provincial da Coruña a que antes de facer calquera tipo de información ao respecto se informe correctamente para evitar difamacións que o único que conseguen é turbar as relacións entre ambas administracións.