Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local de Oleiros estará presente na manifestación en defensa dos traballadores da Fá

Oleiros, 5 de abril de 2013-. O Goberno local de Oleiros estará presente na manifestación en defensa dos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña que se celebra o próximo domingo día 7 ás 12.00 horas na praza da Palloza. O Goberno local reitera o seu apoio a estes traballadores e móstrase contrario ao peche desta histórica factoría coruñesa.
Así mesmo, solicitará ao goberno autonómico que se implique e colabore cos afectados polo peche e medie co resto de institucións estatais para evitar o cese da actividade produtiva. O Concello considera que ambas administracións deben colaborar na elaboración dun plan de viabilidade que garante o futuro da factoría e permita asegurar a diversificación da produción e a achega de nova carga de traballo e, en todo caso, o mantemento do actual nivel de emprego.
 

back link