Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local de Oleiros acudirá á manifestación convocada para hoxe polo colectivo Nunca Mái

Oleiros, 15 de novembro de 2013-. O Goberno local de Oleiros acudirá á manifestación convocada para esta tarde polo colectivo Nunca Máis en protesta pola impunidade dos responsables da maior catástrofe medioambiental da historia de Galicia. A concentración partirá da praza do Obelisco ás 20.00 horas. O Goberno local anima os veciños e veciñas de Oleiros a que se manifesten en contra do fallo xudicial que non fai xustiza á catástrofe social, económica e medioambiental que viviu o pobo galego debido á falta de dilixencia dos responsables políticos que decidiron afastar das costas galegas o petroleiro en vez de aplicar o protocolo de seguridade que obrigaba a trasladar o barco a un refuxio costeiro. Ademais da concentración da Coruña, simultaneamente levaranse a cabo máis manifestacións no resto de cidades e vilas galegas.

back link