Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local aprobará importantes asuntos no pleno de mañá xoves

Oleiros, 28 de setembro de 2016-. O salón principal da Casa Charry acolle mañá xoves a partir das 20:00 horas un pleno ordinario con importantes temas a tratar. Entre outros, o Goberno local aprobará o proxecto inicial do colector que irá desde Nirvana ata a ría da Pasaxe e que permitirá un aforro anual de 72.000 euros en electricidade, unha modificación de crédito de 600.000 euros con cargo ao seuperávit para a adquisición dun edificio ou a amortización de máis de 1.100.000 euros de débeda tamén con cargo ao superávit de 2015.

O Goberno municipal tamén lle dará o visto bo a varias modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal referentes a aliñacións en rúas e camiños das localidades de Nós, Mera, Dorneda e Iñás. Igualmente quedará aprobada unha subvención de 8.720 euros para a ONG Solidariedade Galega que desenvolverá entre o 31 de outubro e o 16 de novembro un proxecto de atención sanitaria en Chiapas.
 

back link