Oleiros, 30 de xuño de 2016-. O Goberno municipal aprobou no pleno do xoves un total de 19 proxectos para realizalos con cargo ao superávit de 2015. A aprobación das obras na sesión permitirá que os traballos comecen no mes de setembro e queden rematados antes de finalizar o ano.
Grazas á eficiencia e rigorosidade na xestión das arcas municipais, o Concello de Oleiros pechou o pasado exercicio económico cun superávit de 1.996.024,16 euros. A relación de proxectos e dos seus correspondente investimentos pode consultarse premendo aquí.
O Goberno local tamén aprobou dúas importantes mocións. Coa primeira demándaselle á Xunta de Galicia que facilite a participación dos concellos da comarca na elaboración dos traballos previos para a adxudicación das novas concesións de transporte público interurbano e poder satisfacer así as demandas da poboación. Coa segunda denunciouse a escalada intolerable do crecemento das listas de agarda que haxa que agardar meses para consultas, probas diagnósticas e operacións cirúrxicas e esíxeselle ao Goberno autonómico que poña todos os recursos dispoñibles para atender as necesidades completas das e dos doentes galegos.
Outros dos asuntos que quedou resoltos foi a concesión de dúas subvencións, que suman 9.000 euros, e que están destinadas aos dous clubs de remo do municipio. Para colaborar co Club de Regatas Perillo e co Centro Deportivo Mariñeiro de Mera na organización das súas regatas de traiñeiras, o Concello aporta o 60% dos premios que teñen que repartir entre os equipos participantes.
Tamén quedou aprobado o Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña polo que o Concello de Oleiros recibirá unha subvención de 38.154,09 euros para acometer melloras na eficiencia enerxética das luminarias públicas, o estudo de detalle do Polígono 5 na rúa Curros Enríquez de Mera e o Regulamento Municipal de Acción Voluntaria.