Oleiros, 4 de xullo de 2014-. O Goberno local de Oleiros apoia a concentración en prol da sanidade pública que terá lugar hoxe a partir das 20.00 horas nos Cantóns na cidade da Coruña. Oleiros estará representado por membros do Goberno municipal. Así mesmo anima a todos os veciños e veciñas que acudan a esta xornada.
Ante o retroceso que está a sufrir a nosa sanidade pública, e ante o desmantelamento encuberto do sistema, cremos importante e necesario informar a cidadanía do que está a acontecer, e informar da privatización que se está a facer as agachadas de todo o noso sistema de saúde, que de non deter este proceso, desembocará nunha sanidade para ricos e outra para pobres.
Esta concentración está convocada por unha fronte cívica formada por movementos sociais da Coruña, con colectivos como SOS sanidade Pública, AAVV, 15M, Médicos do Mundo, Foro Galego de Inmigración, Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda, Movemento Galego pola Saúde Mental e a Asociación Cancro de Mama.