Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local acorda cos representantes sindicais o prazo e as cantidades dos complementos so

Oleiros, 14 de xuño de 2013-. O Goberno local de Oleiros chega a un acordo cos representantes sindicais para establecer o prazo e cantidades de  solicitudes dos importes en concepto de beneficios sociais e asistenciais para o persoal laboral e funcionario. O acordo foi subscrito polo comité de empresa e polo sindicato CCOO, mentres que se UXT negou a calquera tipo de negociación. O documento fixa axudas de ata 1.200 euros para persoal cun soldo anual de ata 22.886,14 euros, 600 euros para os que gañen entre 22.886,15 e 26.006,98 euros, 300 para os remunerados con entre 26.006,99 e 31.208,37 euros, e ata 150 para os que gañen máis de 31.208,28 euros.

O acordo, que será ratificado definitivamente polo Pleno da corporación, terá vixencia para os anos 2013, 2014 e 2015 e o prazo de presentación de instancias fixarase por resolución da Alcaldía ou polo órgano delegado. Este tipo de axudas inclúen tratamentos bucodentais de carácter privado, tratamentos de fisioterapia, axudas escolares e material óptico ou compra de vivenda entre outros.

A pesar de que a actual situación de crise económica que está a vivir o país está a afectar tamén a economía do Concello, o Goberno local de Oleiros non quixo suprimir este tipo de axudas para os traballadores, como pasou noutras administracións públicas. Así mesmo, a pesar da falta de vontade negociadora por parte do órgano de representación sindical do persoal funcionario o goberno municipal considera que esta actitude non debe afectar negativamente aos ditos traballadores, e por iso decidiu non suspender o regulamento para o persoal funcionario e que os acordos acadados coa representación sindical do persoal laboral se aplique tamén ao persoal funcionario.

 

back link