Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno central do PP paraliza indefinidamente o proxecto de ampliación da ponte da Pasaxe

Oleiros, 29 de febreiro de 2016-. O Ministerio de Fomento paralizou de xeito indefinido o proxecto de ampliación da ponte da Pasaxe. Desta maneira, o Goberno central do Partido Popular dilata aínda máis no tempo a realización dunha obra que aliviaría os importantes atascos circulatorios que sofren a diario os veciños e veciñas da comarca da Coruña.

A redacción do proxecto é o paso previo á contratación das obras, polo que este cambio supón unha importante demora. “Haberá que seguir coa batalla pola ampliación. Logo de que puxeramos o cartel de Rajoy co embude anunciaron que se ía contratar o proxecto de ampliación da ponte. Agora paralizan a contratación do proxecto sen data de ningún tipo”, declarou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

Ese anuncio, pola súa proximidade aos comicios, fora cualificado de electoralista por parte do Goberno municipal. Por desgraza para toda a comarca da Coruña, a suspensión do concurso vén a confirmar esa sospeita. “Esta paralización dános a razón nas nosas batallas contra estes dirixentes”, dixo García Seoane.
 

back link