Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno aprobará a ordeanza que regula o uso das praias por parte das empresas para garantir

Oleiros, 24 de febreiro de 2016-. Na segunda sesión plenaria deste ano 2016 o Goberno municipal, no seu compromiso de traballar polos intereses de todas as persoas deste municipio e polos pobos oprimidos do mundo, aprobará os seguintes asuntos:

Declaración institucional sobre o Sáhara: no seu inquebrantable compromiso coa cooperación internacional, o Goberno local quere trasladar unha proposta de Declaración Institucional ao pleno deste xoves con motivo do 40 aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática. A intención é a de reiterar o recoñecemento ao lexítimo Goberno da RASD e o Frente Polisario, manifestando unha vez máis o apoio ao dereito de autodeterminación que legalmente, pola Resolución 1514 (XV) da Asamblea Xeral das Nacións Unidas do 14 de decembro de 1960, ampara a este pobo; así coma o recoñecemento do carácter diplomático da representación do Frente Polisario (único e lexítimo representate do Pobo Saharaui, recoñecido pola ONU) por parte do Goberno de España. Ademais, o estado español ten unha responsabilidade histórica con esta rexión por seres cómplices da situación de desarraigo e abuso por parte das forzas marroquíes derivada do abandono da zona.

Devolución do 50% da paga extra dos funcionarios: o Goberno local aprobará a devolución aos funcionarios do 50 % restante da paga extra que lles foi retirado polo Goberno estatal: “Imos pagarlle aos funcionarios a media paga que se lles quitou”, comentou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Deste xeito, Oleiros será o primeiro concello da comarca en adoptar esta decisión.

Ordeanza de uso das praias: O Concello de Oleiros ten unha regulación expresa sobre os usos das praias na Ordeanza de 2009 que é pioneira aínda a día de hoxe entre os concellos de Galicia, xa que serve como ferramenta normativa para promover o uso responsable destes espazos públicos. Actualmente, ademais da necesidade de contar con licenza para realizar actividades que supoñan un uso especial da praia (venda de produtos, reserva de espazos, etc.) a Demarcación  de Costas do Estado en Galicia determinou a necesidade de obter licenza por parte de empresas. A intensidade de uso das empresas (especialmente no areal de Bastiagueiro) fai aconsellable a ordenación deste sector co fin de protexer a seguridade dos bañistas e demais usuarios. Cabe subliñar que en Oleiros son miles as persoas e sociedades do municipio que practican deportes en pavillóns, polideportivas, canchas de tenis, campos de fútbol e demais instalacións públicas sen pagar ningunha taxa.

Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016) destinado aos concellos da provincia: o Concello de Oleiros foi marxinado na pasada lexislatura en canto á obtención de recursos provinciais por parte da Deputación. “A Deputación sacou neste un plan polo que se lle dá ao Concello de Oleiros un préstamo de 400.000 euros cun xuros do 0% a pagar en 10 anos que imos aceptar”, explicou o alcalde.
 
Moción sobre o uso do galego: o Goberno aprobará unha proposta para instar ao cumprimento das recomendacións do 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias na que o Comité de Expertos do Consello de Europa lle esixe ao Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación con esta Carta.


 

back link