Oleiros, 28 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo venres 30 de maio ás 21.00 horas, o pase da obra teatral Love Room no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera. Esta divertinte obra, do afamado director Tirso Calero, dramatiza a vida de Miguel, un periodista deportivo. Está casado, ten un fillo e a crise dos 40 empeza a chamar á súa porta. Tras unha accidentada noite esperta nunha habitación de hotel xunto a... Marta, enxeñeira de éxito, solteira, sen fillos nin grandes preocupacións vitais. Esta comedia ten unha duración de 90 minutos. O prezo da entrada é de 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 20.00 horas.