Oleiros, 5 de xuño de 2014-. O Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, acolle o próximo sábado 7 de xuño ás 20:30 horas o pase do espectáculo teatral A Rateira, da compañía Teatro Azar. Trátase dunha obra de Ágatha Christie, dirixida por Marisol Casal e Noli Buján.
Esta historia dramatiza a vida de Mollie e Guille, que acaban de inaugurar un hotel na reconvertida mansión Penamonteira. Un temporal de neve íllaos do resto do mundo xunto a outros cinco hóspedes. Ao pouco, o detective Trotter chega para alertar da inminente chegada dun asasino ou asasina ao hotel. A duración aproximada da obra é de 90 minutos. Trátase dun espectáculo para todos os públicos. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.