Hemeroteca

Asset Publisher

Back O García Márquez acolle mañá o pase de «Nana para un soldado»

Oleiros, 9 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para mañá sábado 10 de maio o pase da obra teatral Nana para un soldado. O espectáculo, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, comezará ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

A obra relata  o encontro de dous soldados inimigos na fronte, que terán que deixar a un lado as súas diferenzas para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. O prezo é de 2,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Trátase dunha actuación recomendada a maiores de 12 anos cuxa duración aproximada é dunha hora.
 

back link