Hemeroteca

Asset Publisher

Back O García Márquez acolle este domingo o pase do espectáculo teatral Tres lúas

 Oleiros, 16 de xuño de 2014-. O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o próximo domingo día 22 de xuño a partir das 20.30 horas o pase do espectáculo teatral Tres lúas. Esta historia que se debate entre a inocencia e a loucura, está dirixida por Manuel Lourenzo. A obra dramatiza a vida de tres mulleres que viaxan ao caribe africano, onde se verán involucradas nunha historia con tinturas de thriller. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. A duración aproximada é de 75 minutos e o espectáculo está recomendado a maiores de 12 anos.

back link