Oleiros, 1 de xuño de 2015-. O Auditorio Gabriel García Márquez acollerá o vindeiro domingo 7 de xuño ás 20:30 horas o espectáculo Atlántica, unha coprodución do Centro Coreográfico Galego presentada por Paloma Pérez Colomer. A coreógrafa une neste traballo a idea básica da danza moderna con Galicia.
O punto de partida das emocións que motivarán a creación e os movementos e o ritmo da coreografía será nunha época ficticia inspirada nos poemas dos poetas máis representativos do rexurdimento literario de Galicia, revisados baixo a óptica dun coreógrafo contemporáneo formado en todas as especialidades da danza e que traballou coma bailarín con distintos coreógrafos, Juan Miguel Hernández, quen contará con bailaríns suficientemente experimentados e coa música de Ismael Berdei para facer máis comprensible a peza. O espectáculo está dirixido a todos os públicos e a entrada será de balde ata completar a capacidade do auditorio.