Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Festival Elas Son Artistas trae a música de Berta Bittersweet a Santa Cristina

Oleiros, 31 de maio de 2017-. No marco do Festival Elas Son Artistas o Concello de Oleiros acolle o sábado o concerto da cantante Berta Bittersweet, que mestura sobre o escenario melodías pop cos trazos máis característicos da música negra. A actuación terá lugar na Fábrica, ás 20:30 horas.

Berta BitterSweet é unha cantante e compositora cun estilo moi persoal, fusionando a música negra xunto ao pop.  De pais amantes da música negra e influenciada polo soul, reggae, rap, e R&B dos 90, desde moi pequena tivo contacto co mundo escénico. Acaba de presentar o seu novo disco na sala BBK de Bilbao cun grande éxito.

Elas Son Artistas é unha iniciativa organizada por Yoltown S.L. e a Deputación da Coruña que busca mesturar o sector artístico público e privado para dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes e que habitualmente se atopan na sombra. Esta primeira edición nace da man de cohesión de diversos xestores culturais, asociacións sen ánimo de lucro, empresas relacionadas coa música e algúns concellos da área metropolitana.

MÁIS INFORMACIÓN

back link