Oleiros, 18 de xuño de 2014-. O Concello de Oleiros organiza o festival O Mago de Oz no que participarán 151 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza. Este acto terá lugar mañá 19 de xuño ás 18.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez. Este espectáculo de danza, deseñado polos docentes da Escola Municipal de Danza, terá como centro principal unha adaptación da clásica obra O Mago de Oz, baseada na novela de L. Frank Baum. Nesta actuación, os escolares, de entre 4 e 8 anos, interpretarán a historia de Dorothy, que se verá nun mundo de fantasía no que coñecerá a tres personaxes peculiares que, coma ela, anhelan alcanzar un desexo.