Hemeroteca

Asset Publisher

Back O ETRAD Zanfona Ensemble dará un concerto na Praza Esther Pita o sábado 14 de decembro

“25 Zanfonas” é o título do concerto que o sábado encherá a Praza Esther Pita de música tradicional. 

O ETRAD Zanfona Ensemble é a formación estable de Zanfonas máis numerosa do país. Provén da ETRAD Escola Municipal de Música Folk e Tradicional. 

A formación, dirixida polo ex de Berrogüetto, Anxo Pintos; ten preparado un concerto especial para o Nadal de Oleiros cun escollido repertorio que vai do tradicional galego ao europeo, no que non faltarán os cantos de Nadal e músicas para bailar e cantar ao son deste instrumento tan ancestral como contemporáneo.

back link