Hemeroteca

Asset Publisher

Back O espectáculo de danza A Orixe chega o sábado á Fábrica

Oleiros, 25 de abril de 2017-. O vindeiro sábado, ás 18:30 horas, o Auditorio da Fábrica acollerá A Orixe,  un espectáculo dinámico, divertido e didáctico que percorre a historia do hip hop desde os seus inicios no Nova York nos anos 60 ata a actualidade. Unha voz radiofónica, diferentes coreografías, atrezzo, gags e expresións teatrais e xestuais axudan a que os espectadores gocen e entendan o que se lles está explicando.

Ademais deste espectáculo, para conmemorar o Día Internacional da Danza haberá obradoiros de hip-hop en todos os centros de ensino secundario públicos durante toda esta semana. Os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de danza clásica da Escola Municipal de Danza tamén participarán o sábado na VI Semana da Danza de Lugo, no Auditorio Gustavo Freire ás 20:00 horas.
 

back link