Ademais da relevancia internacional da mostra de cine que vai albergar A Fábrica, a visita do embaixador é unha expresión de afectuosidade e agradecemento ao Concello de Oleiros pola campaña permanente en defensa da liberdade do pobo palestino. Durante as última décadas, o Goberno municipal realizou constantes campañas informativas, accións reivindicativas, programas de cooperación, nomenclatura de espazos públicos, declaracións institucionais, manifestacións públicas, actos oficiais... en defensa da nobre causa palestina.
É unha honra inmensa que nun momento que pasará á historia da humanidade polo posicionamento adoptado ante o atroz xenocidio perpetrado polo Goberno terrorista de Israel, o pobo de Oleiros sexa recoñecido polo seu compromiso coa paz e cos dereitos humanos coa visita do embaixador palestino en España.
A primeira sesión de AMAL X PALESTINA será o venres, 19 de setembro, coa película “The Teacher” ás 20:00 horas; o sábado, 20 de setembro, proxectarase a ficción “To a Land Unknown” ás 20:00 horas; e o domingo, 21 de setembro, a xornada contará coa proxección do documental “Bye Bye Tiberias” ás 12:00 horas; todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.
O acceso a todas as proxeccións é libre e gratuíto. A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Oleiros organizan esta actividade.