Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo terá lugar a Feira do Mel nas proximidades do Mercado Municipal de Perillo

 Oleiros, 28 de outubro de 2019-. O vindeiro domingo 3 de novembro terá lugar unha nova edición da Feira do Mel nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo. Unha selección dos mellores apicultores galegos e españois virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos. Esta feira, única en toda Galicia, pretende apoiar un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.

 
A XXX Feira do Mel contará con 33 postos de venda e exposición. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos. 
 
O recinto abrirá as súas portas ás 10:00 horas e pechará contra as 21:00 horas. A carpa na que se realiza o evento acollerá as actuacións de Semente Nova de Perillo, os Rueiriños de Nós e a Banda da Escola Municipal do Concello de Oleiros. Pola tarde, a partir das 16:30 h, realizaranse actividades de animación infantil dirixidas aos máis cativos. Para pechar haberá música, coa orquestra Compostela, e magosto e queimada gratuíta para todas as persoas asistentes.
back link