Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo proxéctase nas Torres a película Plácido

 Oleiros, 21 de outubro de 2021-. A proxección de Plácido está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 24 de outubro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

 
Este clásico, dirixido por Luis García Berlanga, está ambientado nunha pequena cidade provinciana, a unhas burguesas ociosas ocórreselles a idea de organizar unha campaña de Nadal cuxo lema é: "Sente un pobre á súa mesa". Trátase de que os máis necesitados compartan a cea de Noiteboa con familias acomodadas e gocen do calor e o afecto que non teñen. Plácido é contratado para participar co seu motocarro na cabalgata, pero xorde un problema que lle impide centrarse no seu traballo: ese mesmo día vence a primeira letra do vehículo, que é o seu único medio de vida.
back link