Oleiros, 18 de novembro de 2021-. A proxección de La reina de España está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 21 de novembro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.
Esta película, dirixida por Fernando Trueba, está ambientada na España dos anos 50. “Macarena Granada”, a gran estrela “americana” de orixe español, retorna á súa terra para encarnar a Isabel a Católica. Ao saber a nova, Blas Fontiveros, que non regresara a España desde que marchara a dirixir "La niña de tus ojos" á Alemania nazi 18 anos atrás, decide regresar e reencontrarse con algúns dos seus vellos amigos e compañeiros. A súa chegada desata unha serie de acontecementos que poñerán a proba a rodaxe da superprodución.