Oleiros, 5 de novembro de 2021-. A proxección de La mitad del cielo está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 7 de novembro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.
Nesta película, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón, rematada a guerra Guerra Civil, Rosa, filla dunha humilde familia asturiana, casa cun afiador, un vagabundo que morre máis tarde no cárcere acusado dun delito que non cometeu. Ao quedarse viúva emigra a Madrid coa súa filla Olvido e colócase de ama de cría en casa de don Pedro, un influínte xefe de abastos. Grazas a el, Rosa logra un posto no establecemento de despoxos dun importante mercado. Este é o punto de partida dunha meteórica carreira, pois acaba abrindo un selecto restaurante que se converte en centro de reunión de políticos, intelectuais e homes de empresa.