Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo proxéctase na Fábrica a película Trote

 Oleiros, 15 de novembro de 2019-. A proxección de Trote está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 17 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

 
Esta película, dirixida por Xacio Baño e protagonizada por María Vázquez, está ambientada nunha aldea das montañas do interior de Galicia. A protagonista traballa nunha panadería e necesita escapar do ambiente opresivo no que vive, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.
back link