Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo proxéctase na Fábrica a película O descoñecido

Oleiros, 23 de marzo de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa este domingo coa película O descoñecido. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A película conta a historia de Carlos, un executivo de banca que inicia a súa rutineira mañá levando os seus fillos ao colexio. Cando arranca o coche, recibe unha chamada anónima anunciándolle que ten unha bomba debaixo do seu asento e que dispón dunhas horas para reunir unha elevada cantidade de cartos...
 

back link