Oleiros, 4 de maio de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa este domingo coa película La novia. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.
A película é unha adaptación de Bodas de sangre, de Lorca. Desde pequenos, Leonardo, o mozo e a moza formaron un triángulo inseparable, pero cando se achega a data da voda as cousas complícanse porque entre ela e Leonardo sempre houbo algo máis que amizade.