Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo proxéctase na Fábrica a película El Olivo

Oleiros, 7 de abril de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa este domingo coa película El Olivo. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A película conta a historia de Alma, que ten 20 anos e adora ao seu avó, un home que leva anos sen falar. Cando tamén se nega a xantar, a rapaza decide recuperar a árbore milenaria que a familia vendeu en contra da súa vontade. O problema é saber en que lugar de Europa está a oliveira...
 

back link