Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo inaugúrase a praza Ana kiro en Mera

Oleiros, 18 de marzo de 2011-. Este domingo día 20 ás 13.00 horas  inaugurarase a praza dedicada a Ana Kiro na localidade de Mera. A iniciativa de nomear un espazo do municipio en homenaxe á cantante galega, parte dos colectivos sociais das parroquias de Dexo, Serantes e Maianca, que tras reunirse, acordaron solicitalo formalmente ao Goberno local. O espazo elixido polo Concello é a praza da Baía, situada en Mera, localidade onde Ana Kiro residía desde hai máis de dúas décadas xunto á súa familia. Ana Kiro foi unha oleirense de adopción implicada coas agrupacións culturais do municipio. A artista da canción galega por excelencia mantivo ao longo do tempo unha colaboración especial coa coral de Mera, colectivo co que estaba moi unida.

back link