Oleiros, 27 de xullo de 2018-. Máis de 250 patinadores procedentes de Portugal e de diversas partes de España participan o sábado no XXI Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade. As carreiras comezarán ás 16:00 horas e transcorrerán polas rúas do polígono de Iñás.
Os máis de 20 equipos participantes veñen desde Portugal e varias comunidades autónomas. Entre eles estará o SCD Rabadeira de Oleiros, que organiza esta competición en colaboración co Concello de Oleiros.