Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo celébrase o III Torneo Concello de Oleiros de Ximnasia Rítmica

Oleiros, 18 de maio de 2016-. O vindeiro domingo 22 de maio, de 10:30 a 14:00 horas, no pavillón municipal de Oleiros da Rabadeira terá lugar a terceira edición do Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Oleiros. Participarán preto de 120 ximnastas das categorías benxamín, alevín, infantil e júnior.

En categoría benxamín as probas serán de pelota e mans libres, con  2 aparellos  por club. En categoría alevín haberá mans libres, pelota, mazas e corda, con 3 aparellos  por club. En categoría infantil aro, pelota, mazas e cinta, con 3 aparellos  por club. En categoría júnior as modalidades serán aro, pelota, mazas e cinta, con 3 aparellos  por club.

Os clubs que participarán na proba son Escola Ximnasia Acordes Oleiros, María Barbeito, Esquío, Acordes Narón e Compostela da provincia da Coruña;   Maniotas, Vagalume, Casino de Pontevedra e Treboada, da provincia de Pontevedra;  Pavillón de Ourense e  Agrupación deportiva Ximnástica Gijón.
 

back link