Oleiros, 19 de abril de 2017-. O Festival de Bandas de Música de Oleiros celebrará a súa XII Edición o vindeiro domingo ás 18:00 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A agrupación convidada este ano é a Banda de Abegondo, dirixida por Pablo Álvarez, que compartirá escenario coa Orquestra Sinfónica de Oleiros.
As persoas asistentes poderán gozar dun gran evento musical que conta coa participación de dúas formacións de contrastado nivel. A Banda Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros, dirixida por Alberto Piñeiro Leiva, representará Prost de Antón Alcalde, Rapsodia Húngara nº. 2 de Franz Liszt e Skyfall Adele – Paul Epworth, e contará coa voz solista de Lucía Sigueiro. A Banda de Música de Abegondo interpretará Concerto D'Amore de Jacob de Haan, Rhapsody de Jim Curnow, coa Bombardino solista Tania González Moreira, e Rivieren – Cyclus de A. Malando (I. Río Negro II. Orinoco III. Chubut).