Hemeroteca

Asset Publisher

Back O domingo celébrase a III Foliada Tradicional no xardín das Torres

Oleiros, 1 de xuño de 2016-. O Concello de Oleiros organiza o vindeiro domingo 5 de xuño unha foliada tradicional que pretende ser un ano máis un punto de encontro das diferentes agrupacións folclóricas existentes no municipio. A troula comezará ás 13:00 horas no xardín das Torres de Santa Cruz.

O obxectivo principal que se procura con esta actividade é fomentar o espírito de convivencia entre as entidades e que compartan nun ambiente distendido experiencias, inquedanzas e novos proxectos. Serán moitas as actividades organizadas para goce de toda a familia: xogos tradicionais de precisión e habilidade para todas as idades elaborados artesanalmente con material de refugallo e obradoiros de cestería e de artes plásticas. Durante toda a tarde, todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e a cantar cos grupos e para finalizar a festa haberá unha queimada popular.

As agrupacións participantes son as seguintes: Os Rueiriños de Nos, o Grupo
de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación artística e cultural
Semente Nova de Perillo, a Agrupación cultural Dorna de Dorneda, a Agrupación
folclórica Folliñas de Oleiros e Frouma.
 

back link