Hemeroteca

Asset Publisher

Back O director do catastro de Ecuador visita o Concello para analizar o modelo de xestión de Oleiro

Oleiros, 07 de outubro de 2016-. O director do Catastro de Ecuador, acompañado por tres investigadores de diferentes universidades ecuatorianas e polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela José María Tubío, estivo durante estes días no Concello de Oleiros estudando e coñecendo o funcionamento do Imposto sobre Bens Inmobles. A expedición ecuatoriana coñeceu de primeira man os mecanismos técnicos, o importante peso que ten este tributo nos orzamentos municipais e as dificultades que leva, nalgúns casos puntuais, o cobro deste imposto.

O alcalde, as dúas primeiras tenentes de alcalde e diversos técnicos municipais entrevistáronse co director do Castastro e o resto de persoas que o acompañaban para facilitarlle diversa información e amosarlle tanto as técnicas que requiren os procedementos empregados como outras cuestións importantes a ter en conta á hora de xestionar estes asuntos.

Nos encontros tamén se falou sobre a situación na que quedou Ecuador despois do grave terremoto do pasado mes de abril. O Goberno municipal habilitou a conta solidaria municipal para axudar a reparar os graves danos provocados pola catástrofe no país. De feito, os tremores aínda seguen sacudindo o territorio ecuatoriano e o Concello de Oleiros está a traballar nun proxecto para cooperar coas zonas máis afectadas. O Goberno local tamén impulsou desde o Fondo Galego de Cooperación un proxecto no que a entidade galega investiu 8.000 euros e que está dirixido principalmente á dotación de infraestruturas informáticas no municipio de Jama.
 

back link