Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Día Internacional do Libro será conmemorado por todo o alto nas bibliotecas municipais

 Oleiros, 21 de abril de 2015-. Cos obxectivos de conmemorar o Día Internacional do Libro e potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros énchense de actividades para todos os públicos durante esta semana. Haberá exposicións especiais e actos conmemorativos nas distintas sedes. Así mesmo, o próximo xoves día 23 de abril, ás 18:30 horas, levarse a cabo un acto especial na Biblioteca Central Rialeda, onde a Compañía Títeres Cachirulo realizará a representación de O libro da selva, unha adaptación do texto de Rudyard Kipling. É imprescindible reservar  praza na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 639 511. Ademais, ese mesmo día nesta biblioteca, regalarase un libro a todas as persoas que leven fondos bibliográficos en préstamo.

 
Ademais desta actividade en Rialeda, o Concello organiza en distintas sedes a exposición de obras de autoras e autores galardoados co Premio Cervantes. Nesta selección destacan algúns premiados como: Juan Goytisolo, Elena Ponitowska, José Manuel Caballero Bonald, Nicanor Parra, Ana María Matute, José Emilio Pacheco, Juan Marsé, entre outros. Así mesmo, organízase unha interesante mostra bibliográfica de diferentes edicións da insigne novela de Miguel de Cervantes Don Quijote de la Mancha, entre as que destacamos unha edición facsimilar dunha publicación de 1780, da editorial Olimpo, enriquecida con 36 gravados e un díptico da época, máis 50 láminas de Gustavo Doré. 
 
 A biblioteca de Mera e Lorbé acollerán estas dúas exposicións e ademais os usuarios e usuarias poderán gozar de caligramas con frases do Quixote sobre muíños de vento. Así mesmo nastas dúas bilbiotecas realízase a actividade de boca en boca, na que os usuarios e usuarias recomendarán un libro. Pola súa parte, a biblioteca de Montrove albergará unha exposición sobre libros infantís baseados nas obras de Shakespeare e Cervantes titulada Entre Shakespeare e Cervantes anda o conto. Por último, na biblioteca de Dorneda, ademais da exposición de fondos dos autores que acadaron o Premio Cervantes, levarse a cabo a actividade O que le, vístese por dentro, que consiste en que os usuarios e usuarias recomenden lecturas e audiovisuais. Estas recomendacións faranse en prendas de roupa e colgaranse por toda a biblioteca.
 
back link