“Durante os últimos anos houbo moitos problemas que nós fomos denunciando. Algúns foron resolvéndose, pero outros non. Se non se subsana a situación por completo, desde Oleiros solicitaremos ao Consorcio que non se lle pague á empresa por los traballos que non realice. Porque ao uso de camións que van perdendo a carga, hai que engadir que os contedores non se limpa periodicamente e que, en moitos casos, tampouco se recolle o lixo da contorna dos mesmos”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
Hemeroteca
Asset Publisher
Ante as denuncias do Concello de Oleiros, o Consorcio das Mariñas que presta o servizo de recollida de lixo en toda a comarca retirou os camións deteriorados que estaban a perder parte da carga, así como a desprender olores pestilentes.