Oleiros, 1 de marzo de 2013-. O Consorcio Galego de Benestar rectifica o prazo para solicitar praza nas escolas infantís do municipio. O novo prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso escolar será ata o 20 de marzo, e non ata o 21 de marzo como publicara o organismo dependente da Xunta de Galicia o pasado 21 de febreiro. A solicitude está aberta tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están matriculados, como para os de novo ingreso.
Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí facilitarán toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria. Poden atopar máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escaolasinfantis.net.