Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Consorcio das Mariñas acorda limitar a súa actividade ás funcións xa asignadas por lei

Oleiros, 18 de setembro de 2018-. Os representantes dos concellos membros do Consorcio reúnense para tratar temas relacionados coas funcións do Organismo e da auditoría á empresa encargada do servizo de recollida de lixo.

Durante estas semanas, o Consorcio das Mariñas estase a reunir para tratar temas de moita importancia para a comarca. “Está habendo reunións importantes no Consorcio. A pasada semana acordamos de forma unánime levar adiante unha auditoría e este luns reunímonos para limitar as funcións do Consorcio ás que xa existen: recollida de lixo, recollida de cans e asesoría xurídica en asuntos de servizos sociais”, declara Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros. “Os temas de Turismo, subvencións e demais áreas que se estaban a debater quedan fóra das funcións deste ente, xa que forman parte das competencias de cada municipio, e así o confirma o Interventor do Consorcio”, continúa o alcalde de Oleiros.

Tamén se aproveitou a reunión para volver a falar do estado do contrato coa empresa encargada da recollida de lixo para o Consorcio das Mariñas. “Temos que estar enriba para que a empresa cumpra estritamente co seu contrato”, sentencia Seoane. 


 

back link