Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Consorcio As Mariñas analizará a importancia da atención primaria para as persoas que padecen

Oleiros, 19 de outubro de 2011-. O Consorcio As Mariñas, do que é membro o Concello de Oleiros, organiza os próximos xoves 20 de outubro e 3 de novembro a X Xornada de Sensibilización sobre Saúde Mental, unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a integración deste colectivo na sociedade. O foro 2011 foi presentado esta mañá en rolda de prensa o presidente do Consorcio As Mariñas, a directora de APEM e Ignacio Crespo López, concelleiro de Servizos Socias do Concello de Oleiros e responsable da comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas. No acto tamén estivo presente a primeira tenente de alcalde, María José Varela.

Estas xornadas forman parte do plan de accións do Consorcio As Mariñas creado para favorecer a integración das persoas enfermas mentais dos concellos que forman parte da entidade supramunicipal e que se traduce na colaboración con APEM no estudo de necesidades sociais, prestación e posta en marcha de novos servizos e programas coordinados que promovan a atención, rehabilitación, asistencia e inserción social e laboral das persoas con enfermidades mentais. Neste sentido, desde xaneiro ata setembro de 2011 o 49% dos usuarios e usuarias do programa de formación a medida e das brigadas móbiles que promove o Consorcio para impulsar a integración laboral son persoas con algunha discapacidade psíquica. Ademais, o 15% das persoas usuarias do gabinete de inserción sociolaboral do Consorcio teñen discapacidade psíquica. Segundo declarou Ignacio Crespo, “o Consorcio é coñecedor do gran reto que supón, nestes tempos de crise, adaptar as estratexias de traballo con este sector da poboación, lembrando que non se trata dunha busca de emprego ordinaria senón que estamos a falar de normalizar situacións de vida de persoas con enfermidade mental”.

O programa das xornadas abrirase cun torneo de fútbol sala entre os equipos do Consorcio As Mariñas, Apem, Adcor e Centro Pai Menni coa colaboración dos Veteranos do RC Deportivo da Coruña, que se disputará no polideportivo A Rabadeira de Oleiros e que é resultado da cada vez maior importancia do deporte como vehículo de integración social. Está previsto que acudan os xogadores Fran, Manjarín, Andrade e Chema, entre outros.

Xa o xoves 3 de novembro, comezará a xornada técnica cunha mesa redonda sobre o investimento en saúde mental que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo e na que intervirán Fernanda López Crecente, subdirectora xeral de Xestión sociosanitaria e saúde mental da Xunta de Galicia; Manuel Serrano Vázquez, xefe de servizo de psiquiatría da área sanitaria da Coruña; Esther Monterroso, directora de APEM; Rocío Sampedro Díaz, concelleira de Sanidade e Igualdade do Concello de Culleredo e Ignacio Crespo López, responsable da Comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas.
 

back link