Oleiros, 20 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza este sábado día 22 de febreiro ás 20.30 horas no auditorio do complexo cultural A Fábrica o derradeiro concerto do ciclo Voces cálidas para noites de inverno. Nesta actuación protagonizada polo artista César de Centi rompe co formato máis acústico e se aventura con estilos que fan chiscos ao rock e ao pop. As letras seguen tendo un carácter intimista, pero cun aire novo máis eléctrico baixo o título La Luz de los gigantes.
O obxectivo principal deste interesante ciclo está sendo a difusión da música como disciplina artística e a promoción de novos artistas pero que xa contan cunha traxectoria recoñecida. As entradas poñeranse á venda unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,5 euros.