Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello volve reclamar á Xunta o saneamento para o Porto de Lorbé

A Xunta de Galicia segue sen colocar no porto de Lorbé o bombeo necesario para conectar á rede de saneamento as empresas e edificios situados na zona portuaria. O Concello comprométese a realizar o tramo pendente de tubería ata a rede municipal, pero é a Xunta a que debe colocar o bombeo por estar na zona portuaria.
 

É Portos de Galicia, organismo da Xunta, o que ten sen alcantarillado o Porto de Lorbé e o que debe construír o bombeo necesario para acabar coa actual situación.

back link